O departamento de Bioloxía e Xeoloxía programou unha interesante actividade para o alumnado de 1º ESO. Os alumnos e alumnas, guiados pola súa profesora Luz Blanco, tiñan que facer unha maqueta do sistema solar e aportar algunha información dos planetas e resto dos corpos celestes implicados. O resultado foi espectacular. Velaquí tedes as fotos da exposición no vestíbulo do noso centro educativo.
Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Xesús Ferro Couselo (Ourense). 2010-2021
19 nov 2018
2 nov 2018
Visita ao castro de San Cibrao de Las, Museo do liño e Pazo Museo de Otero Pedrayo
![]() |
| Castro de San Cibrao de Las (Ourense) |
O día 31 de outubro o alumnado de 2º ESO do noso instituto realizou unha saída didáctica proposta polo departamento de Xeografía e Historia e na que colaborou o departamento de Lingua Galega e este EDLG. É unha saída ofertada pola Diputación de Ourense.
O itinerario foi o seguinte:
Primeiro visitamos o castro de San Cibrao de Las, enorme asentamento dos nosos antergos castrexos moi preto de Ourense, no concello de San Amaro, Punxín. É o castro de maior dimensión de Galicia xunto ao de Santa Trega. Os primeiros estudos sobre este castro realizáronos Vicente Risco e Florentino López Cuevillas no ano 1921. Alí esta agora tamén o Parque arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica, cuxos monitores e guías nos acompañaron e deron puntual información das partes escavadas do castro, que son só un 10% do total da 15 Ha. que abarca.
Velaquí algunhas fotos da visita:
![]() |
| Alumnado de 2º ESO do IES Xesús Ferro Couselo (Ourense) |
Despois de xantar foi o momento de coñecer dous museos que comparten edificio na antiga estación de tren de Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense). Esta estación forma parte do proxecto "Estacións Vivas" que promove o Inorde, organismo dependente da Deputación de Ourense, como forma de recuperar as vellas estacións de Renfe rehabilitándoas e revalorizándoas con espazos expositivos. Alí están tanto o Museo do traxe folclórico de Galicia e o Museo do Liño como o Museo Fundación Estanislao Reverter. Este foi un gran deportista galego no eido do automobilismo e promotor do famoso rallye de Ourense.
![]() |
| Fundación Estanislao Reverter |
Finalmente, a nosa terceira parada foi no pazo museo de don Ramón Otero Pedrayo, escritor galego pertencente ao Grupo Nós, importantísimo para a nosa literatura e cultura, autor de obras como Os camiños da vida (1928) , Arredor de si (1930), Contos do camiño e da rúa (1932), Fra Vernero (1934), A romeiría de Xelmírez (1934), O mesón dos Ermos (1936) entre moitas outras obras narrativas; obras de teatro como A lagarada (1928) , ademais de ensaios, obras xornalísticas, epistolarios..
![]() |
| Pazo Museo de don Ramón Otero Pedrayo, concello de Amoeiro (Ourense) |
Foi unha xornada moi proveitosa e lúdica!
30 oct 2018
Samaín 2018
Xa chegou un novo Samaín! E de novo os artistas deste instituto participan coas súas obras nos dous concursos convocados: o primeiro é de carteis e para o primeiro ciclo da ESO. O segundo é de cabazas e está aberto a todo o alumnado. Tamén hai unha sección para o profesorado e persoal non docente.
Tras as votacións, os resultados foron os seguintes:
1º premio de carteis para Jeiko García, de 1ºESO C:
![]() |
| Jeiko |
![]() |
| 1º premio |
2º premio para o cartel elaborado por Rubén Álvarez, Diego Jorge e Gabriel Feijoo, de 2ºESO A.
![]() |
| 2º premio |
O terceiro premio foi para a tarxeta de Naiara Quintas, de 2º ESO B.
![]() |
| 3º premio |
![]() |
| Naiara, Rubén e Diego |
No concurso de cabazas o primeiro premio recaeu na obra de David Valado, de 1º ESO B.
![]() |
| David |
O segundo premio foi para a cabaza de Patricia Rodríguez, de 2º ESO B.
![]() |
| Patricia |
Terceira premiada: Berenice Ferrer, de 1º ESO C.
![]() |
| Berenice |
![]() |
| Patricia, David e Berenice. |
O primeiro premio das cabazas de profes foi para Mª José, profesora de Física e Química coa súa cabaza de científico tolo.
O segundo premio foi para Diana, profesora de Lingua castelá.
Noraboa a todos os participantes!
Déixovos fotos doutros carteis e cabazas do concurso.
Ata o vindeiro Samaín!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















































































