23 mar 2012

“PELOS NA LINGUA”

       O noso alumnado de 3º ESO asistiu o día 22 á obra de teatro  “PELOS NA LINGUA”, posta en escena polo grupo Talía Teatro.

Avelino González dirixe esta montaxe na que participan distintos autores e que interpretan Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez.

Sinopse:
Esta obra de teatro trata sobre os usos e abusos da lingua galega. "Vai destinado a todo o mundo: aos galegofalantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven; aos que si queren selo e tomaron esa determinación; aos que non o falan porque non o saben falar ben; aos que lles dá igual que se fale ou non o galego; aos que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo; aos que pensan que debería de ser o inglés o idioma que fale todo o mundo; aos que pensan que a maioría dos galegos falan castelán; aos que pensan que a maioría dos galegos falan galego; a políticos, mestres, alumnos, actores, actrices, carpinteiros, todos e todas. "

Seica a obra vos pareceu moi divertida, pero... fíxovos reflexionar sobre a vosa relación coa lingua? Agardo que deixedes aquí as vosas impresións.

1 comentario:

  1. Efectivamente, foi un espectáculo extraordinariamente divertido, e ao mesmo tempo moi realista. Pon en evidencia o ridículas que son en realidade moitas afirmacións que estamos fartos de oír e moitas situacións que se viven en Galicia con moita frecuencia.
    Ademais, gustaríame destacar o traballo dos actores, que estiveron fantásticos.
    Realmente pagou a pena, e non só polas clases das que nos libramos ;)

    ResponderEliminar

Queremos saber a túa opinión.