Alá se foi o trimestre, e mellor do que pensabamos nun principio! Tiñamos medo a non poder estar para vós, convosco, xuntos neste camiño de educar(nos), de colaborar, de compartir. E pese a que non foi coma sempre, coma o curso pasado, coma moitos outros cursos pasados, tampouco foi tan horrible como temiamos. Con máscara, si; con hidroxel a chorros, tamén; pero, con todo, puidemos estar nas aulas, puidemos facer concursos, puidemos mesmo bailar, a que si?
E a encargada da biblioteca, membro do EDLG e profesora de francés, Pilar Fernández Domínguez, namorounos coa súa nova e orixinal arboriña de Nadal, elaborada con fotos de todos vós, de todos nós, a comunidade educativa, en definitiva.
Vedes?
Tamén este curso puidemos continuar a tradición do concurso de tarxetas de Nadal para o nivel de 1º da ESO no que colaboramos os departamentos do EDLG, de Lingua Galega e Literatura, Inglés e Educación Plástica e Visual. O único que variou foi que o número de persoas do xurado este ano reduciuse por aquilo de non andar movendo papeliños. Por iso o xurado conformárono as profes de plástica, Ana Rosa Salgado e Iris Pardo.
Da sección en galego velaquí o resultado:
O 1º premio recaeu na tarxeta 3D de Yerik Gael Suárez Dacosta, de 1º ESO B.
E o terceiro premio foi para Carmen Muñoz Cabano, de 1º ESO A.
Parabéns aos tres gañadores! E tamén ao resto dos participantes! Sei que o xurado o tivo difícil para decidirse!
No departamento de inglés tamén tiveron premios, que foron para:
1º premio: Yerik Gael Suárez Dacosta, de 1º ESO B.
2º premio: Uxía Miranda Fernández
3º premio: André Gominho Ribeiro Prada.
Parabéns!!!!
A verdade é que nas actividades previas a este Nadal, o alumnado de cada clase implicouse moito e mesmo preparou nas súas aulas decoración axeitada, incluso con elementos de reciclaxe, coma, por exemplo, esta arboriña que fixeron os alumnos e alumnas de 3º ESO B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.