11 feb 2021

Día da Muller e a Nena na Ciencia

 


O día 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Xa no mes de decembro celebramos a exposición de EXXPERIMENTA EN FEMININO e agora os departamentos de Bioloxía e de Física e Química incidiron na importancia de espertar as vocacións científicas nas nenas, reivindicando o papel tantas veces oculto e silenciado das mulleres científicas. Para iso colocáronse carteis polos corredores do instituto e o alumnado do 1º ciclo da ESO elaborou carteis con datos de mulleres salientables neste eido.








 Ademais, e para que as alumnas se visualizaran nese papel, crearon coa axuda da profesora de Educación Física, un decorado tipo photocall para facer fotos imbuídas do espírito científico. Quedou moi xeitoso!










Por outro lado, e participando tamén co proxecto Donas de Si, o departamento de Xeografía e Historia traballou co alumnado o tratamento de mulleres silenciadas na Idade Media. Fixeron uns curiosos pergamiños con información que expuxemos polos corredores do centro. Moi bo traballo!















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Queremos saber a túa opinión.