O día 8 de marzo celebramos o Día da Muller. Levamos este curso salientando moito (a través do Plan Proxecta Donas de si), o gran labor que ao longo da historia desenvolvemos as mulleres e como, case sempre, fomos silenciadas, eludidas ou directamente apartadas.
Este ano celebramos este día reivindicando por un lado as historias das nosas devanceiras baixo o lema Somos un pobo de mulles. Queriamos darlle o posto de honor ao o digno labor das nosas bisavoas, avoas, nais, tías... Para iso, desde o departamento de LG, recolléronse fotos destas mulleres entre profesorado e alumnado e fixéronse carteis con elas, acompañadas dun poema das nosas autoras e autores máis coñecidos. Montamos un mural nas escaleiras e quedou moi emotivo. Tamén hai un vídeo da actividade que podedes ver ao final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.