Unha actividade que desenvolvemos este curso para celebrar o Día da Muller, na que participaron varios departamentos (LG, LC, FeQ, EF...) e que nos emocionou moito, foi remedar a famosa pose de Rosie The Riveter (Rosie, a Remachadora), icono cultural que representa as mulleres que traballaban nas fábricas durante a II Guerra Mundial. O lema We Can Do It! (Podemos facelo!) é moi axeitado neste Día adicado ás mulleres.
Alumnado e profesorado posamos e a profesora de EF Ana Mª López Cruz editou un vídeo. Coas fotos realizamos uns paneis que colocamos á entrada do instituto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.