O curso pasado o EDLG e o departamento de Educación Plástica e Visual colaboramos nun proxecto que consistía en aproveitar o Tempo de Ler para realizar ilustracións baseadas nalgúns dos microrrelatos das obras Á sombra dos bonsais, de Antón Riveiro Coello, e Microbios e outros paquidermos, de Fernando Díaz-Castroverde.
Debido ao confinamento pola pandemia non puidemos imprimir os traballos, e decidimos retomar o proxecto este curso, porque o resultado é magnífico e pensamos que había que dar a coñecer as ilustracións e premiar as mellores. Con elas, pois, celebramos o Día do Libro 2021.
Os premiados son:
1ºpremio: David Ocampo, de 2º bacharelato.
Velaquí o seu traballo:
2º premio: Kenia Pérez, de 2º Bach.
3º premio: Thomas Pérez, de 2º bach.
Déixovos a mostra dos traballos. Parabéns a todos e a todas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Queremos saber a túa opinión.