22 abr 2021

Galicia: conservando a natureza

 


Unha actividade, proposta e levada a cabo polos departamentos de Bioloxía - Xeoloxía e de Física e Química, dentro da REDE NATURA e o Proxecto Aula Verde, foi solicitar a Exposición Galicia, conservando a natureza á CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e de Divulgación Ambiental de Galicia).

A exposición consta de 22 paneis nos que se mostra que a natureza galega é un mosaico de paisaxes de costa e montaña, densas fragas e chairas extensas, rías onde conflúen os ríos e o mar, queirugais, matos e lagoas. Esta variedade de hábitats acolle unha importante diversidade de especies animais e vexetais, algunhas das cales presentan, no noso territorio, poboacións de extraordinaria importancia a nivel internacional, pola súa escaseza ou polo reducido tamaño do seu territorio, como poden ser a salamántiga rabilonga ou a vacaloura.
Non obstante, a actividade humana xunto co seu espallamento, a explotación dos recursos, a contaminación, etc., chegaron a poñer en perigo esta biodiversidade. A aplicación de figuras de protección ambiental, que limitan a actividade humana en determinados territorios, permítenos salvagardar na actualidade os valores naturais que conteñen, e que son representativos da paisaxe, flora e fauna de Galicia.
O 12 % do territorio galego atópase amparado por figuras de protección máis ou menos restrictivas, como os parques naturais, espazos naturais, lugares de interese comunitario ou zonas de especial interese para as aves, garantindo a preservación da nosa biodiversidade.







A actividade proposta foi resolver unha pista diaria agochada na información dos paneis durante 10 días (do 12 ao 22 de abril de 2021). Valorábase non só acertar as pistas senón que tamén computarán tanto o número de acertos por aula como o de participantes, pois será unha clase a gañadora no concurso final de curso do Proxecto Aula Verde.

Foron moi dilixentes na procura da información!










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Queremos saber a túa opinión.