9 nov 2011

Os Magostos

       Festa que se celebra xeralmente na primeira quincena de novembro, especialmente o día de Todos os Santos ou o de San Martiño (día 11, en Ourense celébrase este día). No magosto cómense castañas asadas e próbase o viño novo; tamén pode estar acompañado doutras viandas como chourizos , xamón…
            Adoita celebrarse xeralmente pola tarde-noite, comezando coa preparación do lume, ata conseguir a brasa necesaria para asar as castañas.
            Sobre a súa etimoloxía hai varias hipóteses: que procede do latín magus ustus, ‘gran fogueira’, de magnus, ‘maxia’ ou ‘magno’, ou que procede do celta mag, campo.
            É unha festa de orixe pagá , e está relacionada co culto á fecundidade a través do lume purificador, e convértese nunha reunión comunitaria que reforza os vínculos agrarios de veciñanza e marca os ciclos agrícolas, pois coincide coa matanza  e coa colleita da castaña, simbolizando tamén a morte do ciclo solar. Logo foi cristianizada e asociada ás festa de Santos e Defuntos e, en Ourense, coa festa de San Martiño de Tours.

Souto


O CASTIÑEIRO, CASTAÑEIRO OU CASTIRO.
           
Árbore caducifolia de follas grandes e lanceoladas, habita en lugares frescos e por todo o territorio galego, pero máis abundante na parte oriental, onde se conservan os mellores soutos. Os castiñeiros cultívanse desde hai milenios, tanto polo seu froito como pola súa madeira ( apreciada en ebanistería), e son reguladores do clima e enriquecen o chan.
O froito é a castaña, que medra dentro dun ourizo espiñento, ata un máximo de tres por ourizo. A castaña bolerca é a que non ten froito, que non se logrou; a croca é a maia, a castaña seca; chamamos bulló á castaña asada  desprovista de casca.  As castañas foron durante moito tempo a fonte principal de hidratos de carbono na alimentación en Galicia ata a irrupción da pataca ( o castiñeiro era a árbore do pan), por iso en moitos sitios ás patacas chámaselles castañas da terra.
A corripa ou ouriceira é o conxunto de ourizos con castañas que quedan no souto para que vaian secando e abran. Os ourizos tamén se empregan para o lume e as follas como cama para o gando nas cortes. A cortiza e as follas teñen propiedades astrinxentes.
A castaña ten a súa propia festa: o magosto, que se celebra na primeira quincena de novembro ( en Ourense o día 11,festividade de San Martiño), onde a xente se xunta para asar e comer castañas e probar o viño novo.
O Marrón Glacé é un postre que se fai cocendo as castañas en azucre.

Marrón  Glacé


EXPRESIÓN POPULARES


SACAR AS CASTAÑAS DO LUME: Valerse doutra persoa para resolver algo.

SAÍR UN SOUTO PARA METERSE NOUTRO: Acabar de saír dun problema para xa estar metido noutro.

FACER UN BO MAGOSTO: Obter unha boa ganancia.

QUEDAR EN AUGA DE FERVER CASTAÑAS: Cando algo non chegou ó cabo ou non tivo o fin que se agardaba.

MANDA CASTAÑA! : Dise cando algo sorprende por ser excesivo.

REFRÁNS


POR SAN MARTIÑO FAISE O MAGOSTO CON CASTAÑAS ASADAS E VIÑO OU MOSTO.

A CASTAÑA EN AGOSTO QUERE ARDER E EN SETEMBRO BEBER.

CASTAÑAS NO NADAL SABEN BEN E PÁRTENSE MAL.

FÍATE DAS CASTAÑAS ASADAS QUE, SE ESTOUPAN, VANCHE Á CARA.

Castiñeiros nun souto



ADIVIÑAS

I

ALTO ME VEXO
  NO MEU PUCAREXO;
POR UNHA RISADA
PERDÍN A MIÑA AÑADA.

Ourizo coas castañas


II

ALTOS PAIS,
PELUDAS NAIS,
FILLOS CON PELES;
ADIVIÑA, SE QUERES.



III

ALTO SON,
BARBAS TEÑO;
VÉN O BURRO
E  NON ME DEFENDO.


IV

CRÍASE NO AIRE
E NO AIRE SE MANTÉN,
PERO CANDO RI
QUEDA SEN O QUE TEN.

1 nov 2011

A FESTA DO SAMAÍN 2011

GAÑADORES DO CONCURSO DE CABAZAS

De esq. a dta: Ainhoa Quintas, Gabriel Glez. e Lucía Rguez.



 1º  PREMIO

Gabriel González, de 2º ESO A















 
 2º PREMIO

Ainoha Quintas, de 2º ESO B


3º PREMIO

Lucía Rodríguez, de 2º ESO B






















GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTEIS



1º  PREMIO 
Brayan Nespereira, de 2º ESO A













 

2º PREMIO
 
Ana Cristina de Sousa, de 1º ESO A










ACCÉSIT
Arianna Fernández, de 1º ESO
De esq. a dta: Arianna e Ana Cristina
 



















21 oct 2011

Obradorio e concursos na festa do Samaín 2011

FESTA DO SAMAÍN 2011

OBRADOIRO DE CABAZAS PARA
2º ESO
Do 24 ao 28 de outubro

ELABORA A TÚA CABAZA.
Haberá premios para as mellores.



CONCURSO DE POSTAIS E CARTEIS. SAMAÍN 2011

Do 24 ao 28 de outubro.
Haberá premios para os mellores.

EDLG

5 oct 2011

REFRANEIRO


Nel está a base dun novo concurso que se establece para o alumnado de 2º e 3º ESO da sección bilingüe. No taboleiro do EDLG  poremos a principio de cada mes unha serie de refráns en galego, francés e castelán sobre un tema común. O alumnado da sección bilingüe que queira participar deberá, nun prazo de tres días, pescudar sobre a mensaxe que todos eles transmiten e entregar o resultado ás profesoras destas linguas. Ao final de cada trimestre haberá un agasallo para aquel alumno/a que acertase todos e expresase con maior precisión o contido común dos refráns. Ánimo e a xogar!!!!

Para que vaiades practicando, aquí vos quedan os deste mes:

  1. A pedra é dura e a pingueira miúda, mais caendo a cotío, fai cavadura.
  2. Goutte à  goutte  l’eau  creuse  la pierre.
  3. Auga mol en pedra dura, pouquiño a pouquiño fura.
  4. Il faut endurer,  qui  veut  vaincre et durer.
  5. Do pouco vaise facendo o moito, pouco a pouco.
  6. Pas à pas on va bien loin.
  7. Moitos poucos fan un moito.
  8. Gota a gota se llena la bota.
  9. Un gran non enche o celeiro, pero axuda ao compañeiro.
  10. Un dedo no hace mano, pero sí con sus hermanos.
  11. Un só golpe non derruba un carballo.
  12. D'un seul coup  ne s’abat un chêne.
  13. No se ganó Toledo en un credo.




30 sept 2011

CURSO 2011-12

       Dámosvos a benvida a un novo curso escolar. Aquí estamos de volta para dar a coñecer as novas que sobre a lingua galega e as actividades de dinamización lingüística facemos desde o noso instituto.


           Para empezar, o día 29 de setembro o alumnado de 1º e 2º bacharelato acudiu ao Auditorio Municipal para ver a obra de teatro Tango de Slawomir Morzék posta en escena por Sarabela Teatro.

A obra trata sobre as relación internas dunha familia concebida como metáfora da sociedade  e amosa de forma traxicómica e grotesca o mundo contemporáneo e o tema da rebelión xeracional.  Tango fala da familia dos Stomil da que se presentan tres xeracións:

   A extravagante avoa e a tía Euxenia, aparentemente inofensiva, son as representantes da xeración máis vella. O pai, de nome Stomil, e a nai, Eleanora, están bastante aburridos da vida. O fillo, Artur, de vinte anos, é estudante de filosofía. A avoa vai consumindo o que lle queda de vida nas súas partidas de cartas. A tía, liberal na súa xuventude, está ao servizo de Artur. Eleonora, artista, flirtea cun criado - Edek- un tipo sospeitoso e primitivo, amigo da casa. Stomil, o seu home e pai de Artur, é artista, representante dunha vangarda  desaparecida, que se manifesta a favor da liberdade do individuo e que no nome desa liberdade compórtase de xeito 
descoidadamente “informal”. O fillo prepárase para casar con Ala, con toda “pompa” e crear así unha nova familia. Sen embargo, primeiro ten que ordear o caos que impera na súa casa. Mesmo esixe unha revolución familiar.