30 sept 2011

CURSO 2011-12

       Dámosvos a benvida a un novo curso escolar. Aquí estamos de volta para dar a coñecer as novas que sobre a lingua galega e as actividades de dinamización lingüística facemos desde o noso instituto.


           Para empezar, o día 29 de setembro o alumnado de 1º e 2º bacharelato acudiu ao Auditorio Municipal para ver a obra de teatro Tango de Slawomir Morzék posta en escena por Sarabela Teatro.

A obra trata sobre as relación internas dunha familia concebida como metáfora da sociedade  e amosa de forma traxicómica e grotesca o mundo contemporáneo e o tema da rebelión xeracional.  Tango fala da familia dos Stomil da que se presentan tres xeracións:

   A extravagante avoa e a tía Euxenia, aparentemente inofensiva, son as representantes da xeración máis vella. O pai, de nome Stomil, e a nai, Eleanora, están bastante aburridos da vida. O fillo, Artur, de vinte anos, é estudante de filosofía. A avoa vai consumindo o que lle queda de vida nas súas partidas de cartas. A tía, liberal na súa xuventude, está ao servizo de Artur. Eleonora, artista, flirtea cun criado - Edek- un tipo sospeitoso e primitivo, amigo da casa. Stomil, o seu home e pai de Artur, é artista, representante dunha vangarda  desaparecida, que se manifesta a favor da liberdade do individuo e que no nome desa liberdade compórtase de xeito 
descoidadamente “informal”. O fillo prepárase para casar con Ala, con toda “pompa” e crear así unha nova familia. Sen embargo, primeiro ten que ordear o caos que impera na súa casa. Mesmo esixe unha revolución familiar.  




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Queremos saber a túa opinión.