30 jun 2011

DESPEDIDA DE CURSO

     Acabou o curso! Xa todos tiñamos ganas de descanso, verdade? Pois só me queda agradecer a colaboración de todos vós, alumno@s, profes e pais e nais.

Vémonos o vindeiro curso. Agardo que veñades con forzas e tanto espírito emprendedor como demostrastes este ano.

Pero o blogue queda activo: agardo os vosos comentarios e quizais, se o consultades nestes meses, atopedes algunha cousiña sobre a nosa cultura que non poderei evitar colocar aquí. Malo será!

E agora sí, para todas e todos....

FELIZ VERÁN!! ( e cun libro en galego, moito mellor!)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Queremos saber a túa opinión.