20 nov 2018

Magosto 2018


O día 19 de novembro celebramos por terceiro ano consecutivo a festa do magosto xunto co alumnado  de 6º de primaria dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro de Barbadás, centros adscritos ao noso IES. Este ano o alumnado de 4ºESO foi o encargado de organizar as actividades lúdicas con xogos variados, e coa axuda da ANPA e vicedirección, fornecéronnos de bocadillos, refrescos e sobremesa polo módico prezo de 5€, cartos que servirán para subvencionar a súa viaxe de final de curso. 




Foi unha bonita tarde chea de xogos tradicionais e de comida campestre. Non faltou a fogueira coas castañas asadas.



Premiada no concurso de sobremesas:


Tivemos carreiras de sacos, zancos, o xogo da silla, baloncesto, o xogo do pano, xogos de pelota, o xogo de pórlle o rabo ao burro...


















Tamén houbo  a pita cega, os tres en raia, saltaron á corda...















Pasámolo moi ben!

19 nov 2018

O sistema solar


O departamento de Bioloxía e Xeoloxía programou unha interesante actividade  para o alumnado de 1º ESO. Os alumnos e alumnas, guiados pola súa profesora Luz Blanco,  tiñan que facer unha maqueta do sistema solar e aportar algunha información dos planetas e resto dos corpos celestes implicados. O resultado  foi espectacular. Velaquí tedes as fotos da exposición no vestíbulo do noso centro educativo.














2 nov 2018

Visita ao castro de San Cibrao de Las, Museo do liño e Pazo Museo de Otero Pedrayo

Castro de San Cibrao de Las (Ourense)

O día 31 de outubro o alumnado de 2º ESO do noso instituto realizou unha saída didáctica proposta polo departamento de Xeografía e Historia e na que colaborou o departamento de Lingua Galega e este EDLG. É unha saída  ofertada pola Diputación de Ourense.

O itinerario foi o seguinte:
Primeiro visitamos o castro de San Cibrao de Las, enorme asentamento dos nosos antergos castrexos moi preto de Ourense, no concello de San Amaro, Punxín. É o castro de maior dimensión de Galicia xunto ao de Santa Trega. Os primeiros estudos sobre este castro realizáronos Vicente Risco e Florentino López Cuevillas no ano 1921.  Alí esta agora tamén o Parque arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica, cuxos monitores e guías nos acompañaron e deron puntual información das partes escavadas do castro, que son só un 10% do total da 15 Ha. que abarca.
Velaquí algunhas fotos da visita:






Alumnado de 2º ESO do IES Xesús Ferro Couselo (Ourense)










Despois de xantar foi o momento de coñecer dous museos que comparten edificio na antiga estación de tren de Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense). Esta estación forma parte do proxecto "Estacións Vivas" que promove o Inorde, organismo dependente da Deputación de Ourense, como forma de recuperar as vellas estacións de Renfe rehabilitándoas e revalorizándoas con espazos expositivos. Alí están tanto o Museo do traxe folclórico de Galicia e o Museo do Liño como o Museo Fundación Estanislao Reverter. Este foi un gran deportista galego no eido do automobilismo e promotor do famoso rallye de Ourense.












Fundación Estanislao Reverter

Finalmente, a nosa terceira parada foi no pazo museo de don Ramón Otero Pedrayo, escritor galego pertencente ao Grupo Nós,  importantísimo  para a nosa literatura e cultura, autor de obras como Os camiños da vida (1928) , Arredor de si (1930), Contos do camiño e da rúa (1932), Fra Vernero (1934), A romeiría de Xelmírez (1934), O mesón dos Ermos (1936)  entre moitas outras obras narrativas; obras de teatro como A lagarada (1928) , ademais de ensaios, obras xornalísticas, epistolarios..

Pazo Museo de don Ramón Otero Pedrayo, concello de Amoeiro (Ourense) 








Foi unha xornada moi proveitosa e lúdica!