8 feb 2019

Día da muller e a nena na Ciencia




O departamento de Física e Química organizou unha visita ao campus universitario para os cursos de 4º ESO e de 1º Bacharelato de Ciencias no Día da nena e a muller científica. 

No marco da conmemoración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, a Escola Superior de Enxeñería Informática, a Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo, a Facultade de Ciencias, o Vicerreitorado do Campus de Ourense e a Unidade de Igualdade da UVigo organizaron a II Edición de "EXXperimenta en feminino", que reuniu a noventa investigadoras e alumnas das titulacións científicas e tecnolóxicas que participan en proxectos para mostrar a alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato de centros de Ourense, as hipóteses sobre as que traballan, os avances conseguidos e as diferentes liñas de investigación nas que están implicadas. A feira, que se celebrou o día 6 de febreiro, tivo formato divulgativo e co obxectivo de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade, facendo fincapé na visibilización das mulleres que traballan nestas áreas.

Foi unha experiencia moi gratificante e produtiva. Déixovos aquí algunhas fotos desa visita.

















24 dic 2018

Festival de Nadal 2018




O venres 21 fixemos o festival de Nadal como todos os cursos. Houbo dous escenarios con actividades diferentes: o pavillón dos deportes para as probas físicas e competicións deportivas, e o salón de actos para as actividades artísticas. Para distribuirnos, rotaron os cursos e niveis polos dous escenarios: mentres os de 1º e 2º ESO estaban no salón de actos cos seus bailes e cancións, os maiores practicaban o fútbol  e o baloncesto. Despois cambiaron as tornas.
Houbo bailes, actuacións musicais con frauta, con violín e con guitarra. Tamén houbo cantos de panxoliñas, coreografías e mesmo entrevistas. Velaquí algunhas fotos das diferentes actuacións:

1º ESO


2º ESO A 

2º ESO B 



3º ESO

3º ESO 

Laura Núñez, 1º Bac.


Gabriel Macías, 3º ESO A
4º ESO

4º ESO



4º ESO

Aldara, de 3º ESO B

Ata os antigos alumnos veñen visitarnos e saldar contas! Ha ha ha!





Despois de tantas actuacións e deportes, o noso Papá Noel quedou moi canso...


O EDLG deséxavos que pasedes unhas felices festas de Nadal e un próspero Ano Novo 2019!!

21 dic 2018

Concurso tarxetas de Nadal 2018


Os gañadores este curso  do concurso de tarxetas de Nadal para os niveis de 1º e 2º da ESO son os seguintes:

1º premio para Patricia Rodríguez Penín, de 2º ESO B



2º premio para os irmáns David Valado, de 1º ESO B, e Uxía Valado, de 2º ESO B.




O terceiro premio recaeu na postal feita por Carla Almuíña Mazaira, de 1º ESO B.


Houbo empate nos cuartos premios. Os gañadores foron Iria García Martínez, de 1º ESO C, e Pablo Fernández Vaquero, de 1º ESO B.



Vede aquí fotografías doutras tarxetas presentadas ao concurso. Parabéns a todos, e grazas por participar!











Tamén engalanamos o vestíbulo cunha árbore de nadal ben orixinal, feita con fotografías de membros da comunidade escolar. Foi a encargada e coordinadora da biblioteca, Pilar, a quen se lle ocorreu esta singular idea.






O Equipo de Dinamización da Lingua galega (EDLG) deséxavos que pasedes unhas felices festas de  Nadal!

4 dic 2018

A célula

O alumnado de 3ºESO elaborou este trimestre, para a materia de Bioloxía, maquetas da célula con información das partes.
O resultado foi tan xeitoso que non podo por menos que mostrárvolo aquí: